
Evento para universitarios/as en Santiago de Compostela
NOVAS
O Comité Organizador da fase local do Congreso Internacional UNIV agradece a quen quixo compartir connosco as súas inquietudes universitarias. Podemos avanzar que estamos a traballar con comunicacións aceptadas das tres universidades galegas.
Vémonos na necesidade de lembrar algunhas cuestións que cabe ter en conta para a mellor organización do evento:
1.- INSCRICIÓN. Lembramos que para poder presentar as comunicacións é necesario que todos os asinantes das mesmas estean inscritos na páxina web (apartado INSCRICIÓN).
2.- PRESENTACIÓN. A presentación das comunicacións no Colexio Maior Arousa realizarase en dúas sesións continuas. Cada comunicación presentarase nun tempo máximo de 10 minutos. Finalizada a exposición das comunicacións de cada mesa, a profesora coordinadora da sesión iniciará un coloquio sobre o contido conxunto das mesmas. No caso de que haxa dous ou máis autores dunha comunicación, serán eles quen determine o sistema de presentación, pero en todo caso o tempo de exposición será sempre de 10 minutos.
3.- MEDIOS TÉCNICOS. Recoméndase gravar en dous formatos (ppt ou prezzi e pdf) a exposición, ademais de subilos á nube (Google drive, Dropbox, etc.). Despois de recoller a documentación e rexistrarse, convén comprobar a presentación, antes de que comece o acto.
4.- FASE INTERNACIONAL. Todas as comunicacións serán enviadas ao Comité Internacional, quen selecciona cales poderán ser presentadas en Roma o xoves 24 de marzo. Neste Congreso existe a posibilidade de obter o recoñecemento ao mellor relatorio xunto a investigadores universitarios de diferentes países.
5.-VIAXE.