
O UNIV Congress forma parte dun evento internacional en Roma, que se estende durante toda a Semana Santa. Realizarase na semana do 9 ao 16 de Abril de 2017 en Roma, Italia.
Xóvenes universitarias e universitarios dos cinco continentes reúnense na cidade eterna, non só para dialogar e debater sobre un tema actual e de interese como o que expón UNIV Congress cada ano, senón tamén para vivir unha experiencia enriquecedora a nivel humano, cultural, profesional e espiritual.
Encontros multiculturais con persoas de todo o mundo, percorridos polos lugares máis representativos de Roma, participación na audiencia da Praza de San Pedro co Papa son parte da gama de actividades que teñen lugar eses días en Roma. O UNIV Congress é un destes eventos.
Que é o UNIV Congress ?
Para máis información consulta a web oficial do congreso en Roma
O UNIV naceu en 1968 co obxectivo de permitir que cada ano preto de 1.000 mozos poidan vivir unha experiencia de impacto profundo, de onde nacen e crecen ideas, como consecuencia do contacto co patrimonio cultural, espiritual e artístico que custodia a cidade de Roma.
Un dos retos da universidade -ademais de ofrecer unha adecuada formación técnica nas diversas disciplinas- é axudar aos estudantes para madurar sólidos hábitos de rigor intelectual e facer que sexan capaces de enfrontarse coas grandes cuestións da vida humana, do progreso científico e cultural, da relixión, da economía e de moitos outros ámbitos.
O UNIV Congress quere poñerse ao servizo deste insubstituíble papel que a universidade xoga no progreso da sociedade. Aspira a ser un punto de encontro para a comunicación e o debate universitario, favorecer o diálogo sobre as principais cuestións que afectan á persoa e á cultura do noso tempo.
Cada ano, o UNIV congrega a máis de 1000 estudantes universitarios en Roma, durante a Semana Santa.
O resto dos meses do ano, en distintos lugares do mundo, desenvólvense fases locais, nas cales se presenta o tema de UNIV Congress, teñen lugar debates e reflexións sobre o mesmo, preséntanse os traballos que logo serán preseleccionados para participar na fase final en Roma.
