
Algunhas ideas
e formato de presentación...
CRITERIOS XERAIS PARA A PRESENTACIÓN DE TRABALLOS UNIV EN ROMA
1) As categorías de participación no UNIV 2016 son as seguintes:
-
Traballo escrito
-
Vídeo
-
Proxecto social
2) Os traballos poderanse presentar en inglés, español ou italiano.
3) Cada traballo debe estar dirixido por un profesor universitario ou un alumno de doutoramento que avale a investigación realizada.
4) Nos anexos detállanse os criterios de avaliación de cada modalidade:
A puntuación de cada criterio vai de 0 a 4:
0- criterio non respectado / insuficiente;
1- respectado só en parte /mellorable;
2- criterio respectado /satisfactorio;
3- ben alcanzado / moi satisfactorio
4- excelente
5) En negrita (cfr. Anexos, terceira columna) destácase a puntuación mínima requirida en cada criterio de avaliación, para a selección dos traballos en Roma.
6) Os traballos serán corrixidos polo Comité científico unha única vez. Suxírese que os traballos que sexan seleccionados e teñan algunhas observacións ou comentarios sexan mellorados para a presentación en Roma.
7) Convén expoñer os traballos apoiándose nun soporte dixital, cuxo formato deberá ser o correspondente a Microsoft Power Point, PDF ou Prezi. A presentación deberá enviarse coa versión final do traballo, de tal modo que se poida abrir o día da presentación en calquera computador sen ter que acceder a outros dispositivos de almacenamento ou a Internet.
8) O mellor traballo de cada categoría será premiado o día do Congreso. Para a avaliación terase en conta a presentación oral.